Entendendo capitalismo con Miren Etxezarreta nas charlas de Coresma

Rematamos unha fin de semana marcado para a nosa comunidade polas charlas de Coresma, nas que este ano contamos con Miren Etxezarreta do Seminari Taifa. En dúas xornadas e baixo o título: “Como chegamos ata aquí? Podemos saír desta?” Miren brindounos unha fiestra crítica dende a que mirar o sistema capitalista e as desgrazas que está a provocar e forma de paro, de recortes, de perda de dereitos sociais…

O venres á noite comezou falando das orixes da crise para levarnos ata á débeda. Comezou as charlas cun análise do sistema capitalista. Un sistema que procura o máximo beneficio e que divide á sociedade en dúas clases: propietarios e traballadores. O propietario crece e o traballador apenas o fai. Medra a desigualdade e xenera crise de forma periódica. Na actual crise sumanse varias: financieira, económica, etc. En realidade esta crise xa ven de atrás (ano 2007), cando os bancos tiñan moitos cartos e comezan a dar hipotecas con facilidade o que se agrava dende 1995 ao ano 2006.

Comezan a aparecer as débedas (pública e privada) porque hai que pedir cartos ao exterior para superar os déficits. A débeda privada é sobre todo a que estanos a facer máis dano a todos os países da periferia sur (Portugal, Italia, Grecia, España e Irlanda). O Estado Español atópase tremendamente condicionado pola TROIKA (Banco Central Europeo – Unión Europea – Fondo Monetario Internacional) e comezan os recortes que sofren sobre todo as clases medias e baixas.

Na sesión do sábado ás 17h00, Miren fixo un percorrido que poderiamos chamar da débeda aos recortes. O capitalismo é un ente que precisa, para a súa supervivencia dun crecemento continuo o que implica por si só a xeración de desigualdade e pobreza.

O máis terrible de todo é que a sociedade está convencida de que isto é así e non se pode facer nada. É dicir o doente está en estado terminal. Miren fala dos cartos inventados, de como os mercados moven unha cantidade inexistente de moeda moi superior ao diñeiro real que existe. Son os derivados financieiros. Este mercado dos derivados financieiros, que supón 10 veces os PIB mundial é controlado por 9 persoas de distintos grandes bancos.

O capitalismo ten tamén fallos, pero non é certo que o Estado sexa neutral, o Estado está de parte do capital, tal e como queda demostrado por exemplo co resultado de Guerra Civil cando a República española trataba de eliminar o latifundio para repartir a riqueza.

Falou tamén de cómo o BCE ten inevitablemente que axudar á banca privada antes que aos gobernos xa que nos propios estatutos ten prohibida a axuda directa a ningún goberno. Polo tanto, un banco, o BCE que é un organismo público ten que axudar aos gobernos a través de axudas á banca privada, vendéndolle os cartos a un 1% de interese. Logo estes bancos, volven vender estes cartos ao Estado para mercar a súa débeda a un 5% de interese. Deste xeito xa teñen feito o negocio e poden tamén empregar estes cartos para pagar a súa propia débeda.

De Guindos minte cando dí que a axuda de 100.000 millóns non sería débeda pública, pois no mesmo intre que o está a dicir o BCE o desminte, indicando que sí será débeda pública que haberá que pagar axustando nos servizos sociais (educación, sanidade, pensións, convenios laborais…)

Termina Miren deixando unha esperanza de cambio, posto que asegura que os vindeiros anos inevitablemente teremos que inventar un novo sistema totalmente diferente e anima ás persoas asistentes a probar xeitos distintos de facer mercado, sabendo que estará sempre o capitalismo tratando de envelenalos e manipulalos.

Dende a nosa comunidade agradecemos as reflexións e explicacións de Miren que nos animan a seguir traballando a reo por facer un mundo máis xusto e igualitario.

O audio da charla do venres o tedes neste enlace: archive.org/details/MIRENETXEZARRETA1 e a do sábado neste outro: archive.org/details/MIRENETXEZARRETA2