En menos de dúas semanas terá lugar a II Asemblea estatal de persoas socias de Fiare-BpE no salón de actos do concello de Rivas Vaciamadrid (Madrid). Se precisas saber como chegar podes consultalo neste documento: 130227ComollegarRivas
Xa somos 238 persoas inscritas. Pero seguramente hai persoas que aínda non se inscribiron e por tanto ampliamos o prazo da CONVOCATORIA ata o 8 de marzo. Contamos cun fondo de solidariedade que permite que os custos de desprazamento sexan repartidos entre todas as persoas que asisten, de tal xeito que só algunhas territoriais/cidades deben achegar unha cantidade. Tamén é posible a delegación de voto (un máximo de 3 por persoa). Se non podes asistir, infórmate en: [email protected].
Podemos confirmarvos que o venres 15 pola tarde no taller de GITs participarán 19 membros de GITs italianos e que na propia asemblea haberá un stand de BpE para as persoas que queiran abrir unha libreta de aforro.
A continuación engadimos o programa (suxeito a posibles modificacións):
SABADO 16 DE MARZO
(Socios/as e acompañantes)
11:30h-12:00h Inscricións ao encontro
12:00h-12:10h Presentación
12:10h-13:00h Conferencia Inaugural
Ugo Biggeri- presidente de Banca Popolare Etica (BpE)
Peru Sasia- presidente de Fiare
13:00h-14:30h Avances do Plan de Integración en relación á operativa bancaria
Nazareno Gabrielli/Mario Crosta- Encargado da integración en BpE da Área Fiare
Juan Garibi- director de Fiare
14:30h-16:00h RECESO-XANTAR
16:00h- 16:30h A gobernanza da Área Fiare, avances realizados
Clara Soler – responsable da área sociocultural de Fiare
16:30-17:00h Presentación e elección de candidatos/as para o Comité de Ética
Peru Sasia- presidente de Fiare
Membro da Xunta Estatal
17:00h-17:30h Presentación candidato/a como representante pare a Área Fiare
Marcos de Castro- presidente de Fiare Zona Centro
17:30h-18:00h Novas perspectivas do Comité de Ética ante a integración
Cristina de la Cruz- coordinadora do Comité de Ética de Fiare
Membro do Comité de Ética de Fiare
18:00h- 18:30h Proposta de Referentes de Zona
18:30-19h Concerto
—
Fonte: http://fiaregz.wordpress.com/2013/03/04/ii-asemblea-estatal-de-persoas-socias-16-de-marzo-de-2013-rivas-vaciamadrid/