Dende IMÁN achegan esta convocatoria:
O Programa Colectivo autoaxuda IMÁN CEDRO da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Vigo desexamos informarvos de que o vindeiro xoves 14 de marzo de 2.013 desenrolaremos na Praza da Constitución de Vigo, ás 20.30 h. do serán, un acto sociocomunitario encamiñado a continuar coa reivindicación da concesión dos indultos solicitados para o compañeiro David Reboredo.
Baixo o lema: “ILUMINEMOS A CONSTITUCIÓN. INDULTOS XA PARA DAVID”
Con fachos, antorchas e velas iluminaremos os principais artigos da Constitución do Estado que recollen os dereitos de igualdade e xustiza para tódolos cidadáns.
Leremos poemas, interpretaremos a canción “David contra Goliat”…
Esperamos a vosa participación. Graciñas