«Da RISGA á Renda Básica das Iguais». Obradoiro de ferramentas para a transformacion social

Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita. E non dende a miseria de parchear situacións de exclusión que só logran tapar a realidade de desigualdade e inxustiza que provoca o sistema capitalista.

Nesa mañá teremos dous momentos de reflexión en común:

1º Análise da desprotección social, partindo da RISGA. Dinamizado por María Martínez, traballadora social e por Ana Belén Méndez, profesora do Grao de Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

2º Ferramentas e estratexias para a transformación social: RBis, puntos de información, apoio mutuo, desobediencia, comunicación crítica… Dinamizado por Manolo S. Bayona de Baladre.

Será o sábado 9 de marzo, de 11h00 a 13h30, na parroquia do «Cristo da Victoria».

Organizan:

ODS-Coia (Oficina Dereitos Sociais – Coia) – odscoia.arkipelagos.net

G.A.S. (Grupo Axitación Social) – grupodeaxitacionsocial.blogspot.com

Baladre (Coordinación de loitas contra o empobrecemento, a exclusión e a precariedade) – coordinacionbaladre.org

Un comentario

  1. I’m still learning from you, as I’m trying to reach my goals. I definitely love reading all that is written on your site.Keep the stories coming. I enjoyed it!

Los comentarios están cerrados.