Día da Paz 2013

Como vimos facendo os últimos anos na nosa comunidade queremos vos convidar a celebrar con nós o Día da Paz 2013.

O sábado 2 de febreiro dende as 12h00 temos actividades para nenos e nenas dende 8 anos: contacontos, obradoiros, vídeo… da man da campaña Importanos!: «Campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo promover a reflexión acerca das relacións de interdependencia Norte-Sur e o paradigma de cidadanía global.»

Polo serán ás 20h00 temos teatro cunha obra preparada para celebrar o día da pobreza 2012 e que ven tamén da man da campaña Impórtanos!

Todas as actividades se farán no salón de actos da nosa comunidade.

Un comentario

  1. I’m not sure why but this blog is loading very slow for me. Is anyone else having this problem or is it a issue on my end? I’ll check back later on and see if the problem still exists.

Los comentarios están cerrados.