Crónica III Asemblea Fiare GZ

O pasado sábado 19 celebrouse no concello de Teo a III Asemblea de Fiare GZ na que estivo presente a nosa parroquia a través de diferentes membros da nosa comunidade.

A asemblea celebrouse en xornada de mañá e tarde con dúas temáticas ben diferenciadas. Durante a mañá adicámonos a revisar o camiño percorrido no último ano e propoñernos certos obxectivos para este 2013. Feito este último, moi condicionado pola inminente integración de Fiare en Banca Populare Etica, a posta en marcha da nova estrutura organizativa e a perda de facultades das asociacións territorias como tales.

Pola tarde, e tras o visto bo dado durante a mañá, constituíronse os novos Grupos de Implantación Territorial, que a partir de agora serán a vía de participacións dos socios. A parroquia, como tal, quedou englobada dentro da circunscripción «Galicia Sur», que constituiu o correspondente GIT para o que foi necesario a postulación de diferentes candidatos para as diferentes labores (coordinación, secretaría, tesourería…)

Ábrese pois un novo camiño, cargado de ilusión, que nos levará a traballar para a correcta posta en funcionamento neste 2013 da nova cooperativa de crédito que todos estamos desexando chegue canto antes.