19 de xaneiro: Asemblea Fiare Galiza

O vindeiro sábado día 19 de xaneiro, celebraremos a nosa Asemblea Xeral ordinaria na Casa Común d’Os Tilos, no Concello de Teo, xa a terceira, despois de tres anos intensos de traballo. Como ben sabedes estamos nun momento moi importante para o noso proxecto de construción dunha banca ética en mans da cidadanía, pois tralo traballo que vimos facendo en rede e militante, a pronta integración coa Banca Popolare Ética (BpE) vainos fortalecer de seguro e vainos permitir acadar un dos nosos obxectivos iniciais, “ser unha opción elixíbel para todas e todos”, mellorando a nosa operativa bancaria.

Esta III Asemblea Xeral de Fiare Gz está enmarcada nun momento de mudanzas, tanto internas como externas ás que non somos impermeábeis. Dentro deste contexto que supón o proceso de integración coa BpE imos dar o primeiro paso para a organización territorial en Galiza e por iso tamén recibides xunto con esta, a convocatoria (130104 Convocatoria GIT) para celebrar as primeiras asembleas constituíntes dos GITs (Grupos de Implantación Territorial), que como veredes na orde do día, están nitidamente separadas, a saber: primeiro celebraremos a Asemblea de FiareGz (pola mañá) e de seguido, teremos as Asembleas constituíntes dos GITs (pola tarde).

Fonte: http://fiaregz.wordpress.com/2013/01/10/19-de-xaneiro-de-2013-asemblea-fiare-galiza

Un comentario

  1. Buenos días: estoy sin saber nada de FIARE desde hace más de un año, el correo que les di cuando la suscripción lo perdí y desde entonces me quede sin información, por favor tomen nota de este autocaravanista1320@gmail.com Gracias por adelantado.

    Ernesto Gómez Lamelas
    Carretera de Valladares Nº 4
    36315 Vigo Pontevedra

Los comentarios están cerrados.