Hai tempo que dende a nosa comunidade e tamén dende a ODS-Coia estamos a ver como cada vez sen achega máis xente que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, están a experimentar un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais.
Persoas que, desesperadas porque non atopan unha resposta xusta das administracións, acoden espazos como os nosos na procura de solucións ao empobrecemento crecente que padecen.
Por razóns coma estas e polas que vimos denunciando dende hai tempo collémonos da man coa ODS-Coia para convocar á xente do barrio e da cidade a berrar: Que temos dereito a vivir con dignidade!
O xeito de facelo será a través dunha cadea humana que sairá dende as portas da parroquia (Baiona 9 b – Coia) este domingo 2 de decembro a partires das 13h00.
Ademais de visibilizar e manifestar o noso descontento, saímos á rúa para esixir que o concello de Vigo incremente o gasto social nos orzamentos para 2013.
Agardámosvos este domingo!