Cadea humana diante da antiga prisión da avenida de Madrid

A xente do grupo IMÁN convida a participar nun acto para o martes día 23, co que pretenden reivindicar o inmediato comezo das Obras de ampliación do CIS da Avenida de Madrid.

Explican na convocatoria que «o proxecto fora aprobado no Consello de Ministros de 24/09/2010 e contempla a creación de 150 novas prazas e a amplicación do Edificio Central, entre outras medidas.

Recentemente saiu nos medios que o comezo das obras quedaba paralizado ate o 2016 por falla de fondos.»

Por isto solicitan que se inclúa esa partida nos orzamentos do 2013, que se están a aprobar anestes intres no Parlamento. Xa que consideran que a situación de saturación actual do CIS de Vigo perxudica gravemente o cumprimento aletrnativo ás penas de prisión, e a concesión de terceiros grados penitenciarios.