Os recortes producen pobreza. Baixo este lema, convócase á cidadanía a unha concentración que terá lugar o próximo mércores 17 de outubro ás 20:15 h. na Porta do Sol en Vigo (e desde as 19:00 h representarase a obra de teatro na rúa “Pobreza 0,0”)
Non medimos a crise polos seus aspectos financeiros senón polo seu carácter sistémico e político. A verdadeira crise é de carácter social, ambiental e leva máis de dúas décadas xerando problemas de exclusión social, de depredación ambiental e de pobreza para amplas capas da poboación mundial. É unha crise que ten responsables concretos e coñecidos, que non pagaron por esa responsabilidade.
O último golpe constitúeno os Presupostos Xerais do Estado 2013, que consideran un recorte máis sobre o conxunto das políticas sociais, entre as que se inclúe a cooperación. As consecuencias sobre a vida de millóns de persoas están a ser profundamente inxustas e inhumanas.
En plena campaña política é o momento de esixir aos líderes políticos que cumpran as súas promesas para erradicar a pobreza!
Rebélate!
Quero é podo ir: salvo imponderables