13 outubro – Manifestación «Se non debemos, non pagamos»

O vindeiro sábado 13 de Outubro, a cidadanía de Vigo sairá novamente á rúa unida á do resto do Mundo co lema: SE NON DEBEMOS PAGAMOS!

A manifestación sairá ás 19h00 da praza dos cabalos para chegar ata a praza da Estrela, lembrade traer a vosa cacerola para meter ruido.

Así presentan a convocatoria: Un novo berro pola dignidade de todos nós, para o que vos invitamos a participar como uns cidadáns máis e un só berro, fagamos que a xornada do 13 de Outubro sexa outro momento de unión e protesta pacífica para que o noso ruído enxordeza e demostre ao 1% que todos unidos podemos parar a súa escala avariciosa, porque sen nós non son nada.

Vos esperamos para poder facer que a difusión dista convocatoria sexa masiva, e que Vigo este na rúa con toda a forza que sabemos temos.

SUMEMOS AS NOSAS FORZAS E BERREMOS BEN FORTE QUE A SUA DEBEDA A PAGUEN ELES!