Presenza da comunidade na asemblea de Fiare Galiza

O pasado sábado 29 de Setembro celebrouse en Vigo a asemblea extraordinaria de socios de Fiare GZ á que asistimos varios membros da parroquia. Uns cincuenta socios e simpatizantes xuntámonos nos locais da Fundación Proclade dende primeira hora da mañá e, tras compartir un café, iniciamos unha asemblea que contou coa presenza do presidente de Fiare, Peru Sansia.

Na primeira parte da xuntanza Peru púxonos ao día sobre o preceso de integración coa BpE e o sistema de organización interna no que se está a traballar. De forma moi positiva todos os asistentes valoramos a nova de que para Xullo do ano 2013 espérase poder ofrecer servizos e produtos comúns (banca electrónica, contas correntes, domiciliacións…) Até ese momento nos esperan uns meses de moito traballo en diversos ámbitos aos que todos podemos contribuir.

Na última parte da asemblea reflexionamos sobre a posibilidade da creación dunha segunda forma xurídica, separada da cooperativa pero relacionada coa mesma, que manteña a rede de redes creada durante todos estes anos e permita realizar certas actividades (parabancarias, denuncia…) que non teñen cabida na cooperativa.

Rematamos a xornada cun almorzo compartido que aproveitamos para coñercenos mellor e intercambiar opinións sobre todo o que acababamos de escoitar.