Celebramos a primeira asemblea de inicio de curso en Vilán

Achegamos un breve resumo do acontecido na asemblea de comezo de curso que celebramos en Vilán.

Comezamos a xornada de inicio do curso en Vilán, atendendo ao mandato da Asemblea Parroquial. Unha oración lida entre tódalas persoas asistentes (ao redor de 30) puxo en marcha o traballo e lembrouse que a convocatoria soamente ía ser un recordatorio dos acordos da Asemblea de Xuño. Tamén presentouse o calendario de liturxia e deuse conta das deliberacións do Consello de Pastoral do 13 de setembro.

Repasamos tamén os acordos da asemblea de xuño por áreas: ACCIÓN SOCIAL, EDUCACIÓN NA FE, LITURXIA e VIDA COMUNITARIA.

Unha boa xornada que rematou con xantar en común, paseos e longas sobremesas.