Onte chegou outra remesa de persoas da parroquia. Chegaron pola noitiña, e pola tarde o grupo que aquí estabamos marchamos ó porto de Vegarada, un lugar para pasmar ante a inmensidade e marabilla da natureza.
Pola noite un agarimoso recibimento a xente que chegou e hoxe pola maña nos dividimos en dous grupos: uns fomos ao lago Ausente e outro grupo ao porto de San Isidro. Pola tarde toca baño na piscina de Boñar e pola noite, antes da cea unha oración en comunidade.
Dicir tamén que hoxe (Sábado) tivemos na casa unha visita moi agradable: Marta, a filla de Eduardo e tamén que Emilio se esmerou cociñando unhas fabes con almejes… moi boas, por certo.
E mañá a ruta de camiño hacia Vigo.