Sánchez Gordillo pide que os hipermercados entreguen a Cáritas a comida a punto de caducar

Na homilía de hoxe Manolo falaba dos signos proféticos nestes tempos e citaba algúns exemplos entre os cales podemos engadir a acción dos sindicalistas andaluces que entraron a coller alimentos básicos en dous supermercados que repartiron despois a familias empobrecidas. Esta acción provocou infinidade de debates e de declaracións, que en moitos casos esquecían datos como que o 80% das grandes superficies non entregan os produtos retirados a ONG, segundo un estudo do goberno no que non se sabe o destino deses produtos que tanto necesitan en moitas casas.

Nunha entrevista concedida Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, di que acción como a que levaron a cabo non serían necesarias se os hipermercados entregaran a organizacións como Cáritas os alimentos preto de caducar. Podedes ler a nova neste enlace: www.periodistadigital.com/religion/solidaridad/2012/08/10/sanchez-gordillo-pide-que-la-comida-a-punto-de-caducar-se-entregue-a-caritas.shtml