Unha de cada sete persoas ten desnutrición no planeta

En España estamos a vivir tempos complicados co aumento do paro e do empobrecemento xeral. Esta semana saía na prensa que en Europa ao redor de trece millóns de nenos e nenas están en «pobreza relativa». Semella que estas cifras en pouco tempo quedaran pequenas antes as medidas esixidas pola UE, que só provocan un endurecemento maior das condicións de vidas da cidadanía.

E con este panorama ás veces esquecemos que as penurias económicas son o común para maior parte da poboación do planeta e que provocan cousas coma que unha de cada sete persoas está desnutrida segundo a FAO.

Este organismo di tamén que estimaron que as perdas e o desperdício de alimentos ascende a 1 billón 300 millóns de toneladas ao ano, equivalentes a unha terceira parte da produción mundial para consumo humano. Por iso a importancia de pasar a «regimes alimentares nutritivos que tenham uma impressão ecológica menor, e reduzir as perdas ao longo de toda a rede alimentar».