Finalizaron as comuñóns 2012

O pasado sábado 26 de maio finalizaban as comuñóns dos nenos e nenas que fixeron con nós o proceso de educación na fe durante dous cursos. Foron en total 63 nenos e nenas que coas súas familias e amigos celebraron este rito tan sinalado.

Agora o seguinte que ven son os campamentos de Vilán 2012, lembramos que hoxe venres a partires das 20h00 temos unha reunión para explicar e resolver dúbidas.