Campamentos de verán Vilán 2012

Xa queda pouco para que os cativos da casa e comecen as vacacións de verán, e como dende hai moitos anos cos ansiados días de verán chegan os campamentos de Vilán para o grupo de rapaces e rapazas das distintas etapas da educación na fe da nosa comunidade.

As datas dos campamentos serán as seguintes:

– Primeira quenda: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria irán do 29 de xuño ao 6 de xullo.

– Segunda quenda: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO do 6 ao 13 de xullo.

O prazo de inscrición remata o 15 de xuño, o prezo dos campamentos é de 65 €

O venres 1 de xuño, ás 8.30 da tarde faremos unha reunión de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar aos teus fillos. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.

Coma todos anos lembramos:

– Ninguén que queira participar debe deixar de facelo por causas económicas. Esta comunidade atende calquera situación persoal. Soamente hai que dicilo.

– A saída dos autobuses é para todos ás 4.30 da tarde, e o regreso ao redor das 7.00 da tarde.

Podedes descargar o folleto do campamento neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/wp-content/plugins/download-monitor/download.php?id=56