Asemblea de Crentes Galegos e encontro en Vilán

Un grupiño da nosa comunidade participou na Asemblea Anual de Crentes Galegos en Santiago de Compostela o pasado sábado 14 de abril.

E outro grupiño participou en Vilán nun encontro con comunidades da Parroquia do Barrio de Fontiñas en Santiago. Estas actividades foron as dúas a fin de semana do 14 e 15 de abril. A experiencia pascual, a experiencia de Xesús resucitado, sae fortalecida cando tratamos de vivila en encontros comunitarios compartindo a fe e a vida.