Asemblea anual de Crentes Galegos 14 de abril

Dende Crentes Galegos lembran que este SÁBADO 14 DE ABRIL celebrarase a Asemblea Anual de Crentes Galegos.

Xuntarémonos no Centro Sociocultural «Agustín Bueno» do Castiñeiriño para celebrar a Asemblea Anual da Coordinadora de Centes Galeg@s. Como xa sabedes, trataremos de analiazar a situación social actual e as nosas respostas baixo o lema «Como construímos a Paz dende a rebeldía».

O horario será o seguinte:

10:15 – Acollida

10:45 – Introdución ao Análise da Situación Social (por Moisés Lozano).

11:30 – Diálogo e debate (presentación de diferentes realidades).

12:40 – Descando

13:00 – Traballo por grupos.

14:00 – Xantar compartido (no antigo colexio Ramón Cabanillas)

16:00 – Conclusións e avisos.

17:00 – Celebración

18:30 – Remate

Animámosvos a todos a participar, a traer as vosas propias inquedanzas e a ir pensando posibles «accións» que poidamos apoiar ou poñer en marcha dende a Coordinadora.