Charla-Presentación Obxección Fiscal: "Industria militar, un negocio sen crise"

O Espazo Aberto Antimilitar propón outro anos máis que denunciemos o poder da guerra a través da obxección fiscal nas nosas declaracións da renda. Para lanzar a campaña deste ano organizan unha charla o vindeiro venres 13 de abril sobre a industria militar. Será a partires das 20h00 na Cova dos Ratos e nela Jordi Calvo do Centro Delas falará do último informe sobre banca e industria da guerra, ademais de presentar a situación desta potente industria en España.

Máis información en: nonaogastomilitar.org/content/industria-militar-un-negocio-sen-crise-charla-e-presentacion-da-campana-de-2012