As comunidades xuvenís celebran a súa asemblea en Vilán

Esta fin de semana a xente máis nova das comunidades da nosa parroquia celebrou en Vilán a súa asemblea anual. A reflexión xirou ao redor da situación socioeconómica para a cal visionamos o vídeo «Capitalisme, un itinerari critic» no que Miren Etxezarreta vai deixando espido ao sistema capitalista a base de claridade e de desmontar o seu discurso.

O vídeo deu pé a por en común reflexións e experiencias propias  e doutras xentes que están a traballar por facer un mundo máis xusto. Coma ven sendo habitual nestes últimos anos na asemblea tomáronse acordos para as propias comunidades que se levarán tamén as asemblea da gran comunidade. Este ano as propostas xiraron ao redor de alternativas no modo de consumir, con intención de dar forma a cousas que xa se están a facer.