Hulene: unha vida entre o lixo

Nos últimos tempos a palabra crise está a ser sinónimo -nesta parte do mundo- de paro, empobrecemento, perda de dereitos, recortes, etc. Moitos expertos e voces críticas co sistema capitalista din que estamos a vivir os resultados dunha volta de torca do sistema que anda na procura de maior beneficio para unha minoría.

Por desgraza as consecuencias destas políticas e das que semellan que van vir son de sobra coñecidas en países latinoamericanos, africanos… e como sabemos traen moita miseria para as súas poboacións. Neste artigo deixamos varias imaxes dun vertedoiro situado na capital de Mozambique, Maputo, lugar ao que moitas persoas acoden na procura dalgo co que malvivir. Ese lugar chámase Hulene está preto do aeroporto da cidade. Non deixedes de ver unhas imaxes que destacan pola súa crueza, a mostra neste enlace: www.behance.net/gallery/Trash-Land/1820899