Xuntanza do grupo de Fiare da comunidade

Estamos a vivir uns momentos nos que o sector bancario está a quedar en entredito tras os últimos escándalos. Por iso temos que lembrar que en Galiza e noutras partes do Estado colectivos e persoas están a traballar na posta en marcha do proxecto de banca ética Fiare, que ademais estes días estrea web: www.proyectofiare.com

A xente da comunidade que está a participar en Fiare GZ convocou unha sesión  para este sábado 17 de marzo na que se resolverán dúbidas e se explicará o estado deste proxecto. O horario é de 11h00 a 13hoo nos locais parroquiais e solicitan a vosa presenza previa confirmación.