Vídeo Día da Paz 2010 – Gallifantes

No ano 2010 os nenos e nenas do ciclo de poscomuñón da nosa parroquia responderon nun vídeo a algunhas preguntas que xiraban ao redor dunha idea: PAZ. Todo este material foi montado e proxectado nos actos do día da Paz que fixemos ese ano.

Agora cun tempo de retraso deixamos este cuxo formato o é moi sinxelo. Por parellas os nenos e nenas van respondendo, dando a súa opinión, pensando en alto sobre como ven eles os problemas dun mundo en guerra, sobre o papel do que nos gobernan en todo isto e máis cousas.

A ver quen ten tanta fescura para comezar a facer un mundo onde a paz non se celebre so unha vez ao ano!