Asemblea FiareGZ 2012

O grupo de Fiare Galiza, no que forma parte activamente a nosa comunidade convoca o sábado 11 de febreiro a II Asemblea Xeral en A Coruña.

Así o explican na convocatoria:

A Asemblea terá lugar o sábado 11 de febreiro de 2012 no Rectoral de Cela, localizado no lugar de A Cela, Parroquia de Celas de Peiro, moi próxima a A Coruña. O horario será dende as 10 horas pola mañá ata as 19.15 horas da tarde, facendo un receso para o xantar de 14.00 a 16.00 horas.

Lembra que unha das bases principais do proxecto Fiare é o seu funcionamento dende a base, coa colaboración real da cidadanía. Por iso é moi importante a tua presenza e participación.

Agardámoste!

+info: fiaregz.wordpress.com/2012/01/31/asemblea-fiaregz-2012