Parrotroca: unha saída aos excesos do Nadal

Seguro que tras o nadal moitos notáchedes que a casa quedou pequena coa cantidade de agasallos que entraron. Se no momento de facer espazso pensades en gardar no trasteiro, armario… aquelas cousas que non precisades lembrade que na nosa comunidade segue a funcionar o Parrotroca: un espazo de intercambio/troco e cesión de bens e servizos entre as persoas que formamos parte da comunidade.

Pois iso se tedes ou precisades algo podedes usar esta web, o facebook, o mail: trocoalternativo@gmail.com para facer chegar a vosa oferta/demanda.