Documento da PAZ nadal 2011 da Coordinadora de crentes galeg@s

A Igrexa da que nós formamos parte, moitas veces tamén esquece a súa función profética mentres se entretén en disquisicións minimalistas e espiritualistas descafeinadas.Outras veces ignora na práctica que ten que ser sacramento ou signo de salvación para todos. Unha salvación que pasa pola encarnación na crúa realidade e pola cruz que impón osanedrín económico, político e mesmo relixioso.A Igrexa necesita converterse a Xesucristo que ven á nosa realidade a servir e da-la vida por todos.

“O profetismo da Igrexa é a esperanza dos pobres e excluídos” (NicolásCastellanos). O teólogo Pablo Richard engade: “… e quizais a última esperanza”. A un Xesús compasivo e fondamente comprometido na liberación de tódalas escravitudes humanas éó que ha de seguir a comunidade dos que cremos en El e na súa fondura compasiva con todo ser humano.

Sumemos os nosos esforzos a favor da paz

Se querémo-la paz de verdade temos que poñe-los medios que a fan posible edesenmascarar e combater ós que impiden a súaconstrución. O pobo no seu conxunto sinte grandes anceios de paz. Mirémonos no espello do voluntariado de tantas institucións para ós que a persoa é o obxetivo da paz. Os pobres e marxinados de aquí, de todo o terceiro e cuarto mundo confían na nosa resistencia, na nosa esperanza, na nosa solidariedade; e así poder manter tamén a súa esperanza cara a propia liberación.

Que o profeta de Nazaret, Xesús , o enviado de Deus, nos encha o corazón de lume e de paz para contaxialos como fixo El.

Coordinadora de Crentes Galeg@s

DOCUMENTO DA PAZ NADAL 2011

Queremos construí-la paz

A Coordinadora de Crentes Galeg@s, polo Nadal, leva moitos anos compartindo nos grupos que formamos parte dela e con outras moitas persoas unhas reflexións sobre a paz.

Todo canto de bo e positivo podemos facer leva a incrementar o clima de concordia, de benestar, de paz.

Non é doado logra-la paz, aínda que é posible, e para iso non debemos aforrar esforzos. Ademais, o Deus que se fai home en Xesús, coa súa presenza e a súa oferta de salvación reforza a nosa esperanza de lograla plenamente algún día: “El é a vosa Paz”.

No camiño cara a paz hai moitos obstáculos que remover e todos temos que ser responsables no traballo cara ese obxectivo. É preciso sumar iniciativas, aunar vontades, romper con actitudes que non crean máis que dificultades e fan sufrir a moitas persoas.

A situación que estamos a vivir

Nos últimos anos sufrimos unha grave crise económica, que está tendo unhas consecuencias moi dolorosas, e que afectan ó mais sagrado, como é a dignidade das persoas. Moitos datos fanse dificilmente cribles: paro masivo que afecta especialmente á xuventude, moitas familias xa non teñen ningún tipo de ingresos e subsisten con axudas doutros familiares e das institucións asistenciais. O peche de empresas por falta de préstamos ou de cobros polo seu traballo fai quebrar o circuíto económico. Non hai cartos, non se consume, mingua a actividade económica, non hai confianza, medra imparablemente a débeda para poder facerlle fronte ós gastos máis perentorios. Os datos negativos das estatísticas son estremecedores.

A situación é moi grave e será recordada no futuro como un pesadelo, como unha época chea de dor e desesperanza para moitos

Por que sufrimos esta situación?

Cómpre preguntarse cómo foi posible chegar á actual situación. Sabemos do triste papel da economía financeira (cegamente especulativa e inhumana). Temos evidencia do papel xogado pola banca e da súa voracidade e irresponsabilidade insultante. Os seus mesmos xestores arruinaron moitas entidades, sobre todo as caixas de aforros, e apropiáronse de sumas inxentes cun descaro escandaloso e insultante.

Os anteriores tempos de bonanza crearon hábitos máis en consonancia coa lei da selva que co obrigado respecto a poboacións e sociedades democráticas que queren avanzar conforme a un máis axeitado cumprimento dos DEREITOS HUMANOS.

Unha parte importante da patronal, máis alá de querer corrixir corruptelas e actitudes irresponsables dalgúns traballadores, pretenden desregularizar e anular dereitos adquiridos por un prolongado esforzo do mundo do traballo.

Hai futuro?

Un bo número de países emerxentes están a ter un crecemento económico moi notable. Dáse tamén en países máis pequenos cunha menor tradición e tecnoloxía. Temos futuro, pero sempre que aprendamos do pasado e, de forma especial, da crise actual, das súas causas e consecuencias.

Afrontamos nestes momentos en España a constitución dun goberno xurdido das eleccións, que vai ter por diante un traballo ímprobo. O diálogo, o consenso e o pacto son imprescindibles. Hai que remar na mesma dirección ou non hai solucións.

Os representantes do pobo saídos das urnas han de afondar no sentido democrático e plural da sociedade. Han de moverse nunha total transparencia, condenar sen desmaio todo atisbo de corrupción, impulsar a rexeneración democrática en tódolos ámbitos da sociedade. Hai que salvar o estado do benestar, a universalidade dos servizos públicos, a igualdade, a atención ós máis desfavorecidos. As políticas sociais son prioritarias. É necesaria a práctica da solidariedade, aportando máis os que máis teñen (reforma fiscal). Hai que regular o mercado (unha governanza global). Hai que controla-la banca, a empresa. Hai que defender o esencial e recortar no prescindible, dialogando, pactando. É de todo punto inaceptable a inmoralidade pública, as actuacións sen ningún tipo de escrúpulos, condutas completamente dehonestas, cheas de ambición dañina e insaciables en canto a acumulación económica. Fai falta unha rexeneración ética, empezando polas persoas públicas. “A dimensión ética non é algo exterior ós problemas económicos senón unha dimensión interior e fundamental” (Bieito XVI, l8 de agosto 2011).

E nós, a maioría, o pobo, a sociedade civil, os cristiáns?

Temos que apelar á nosa responsabilidade. Non todo depende dos políticos, nin dos banqueiros, nin dos empresarios. Depende de nós, depende de cómo nos situemos na nosa vida cotiá, de qué reivindicacións presentemos, de qué compromisos asumamos de cómo nos fagamos ou non responsables da vida social nos distintos ámbitos nos que nos movemos. Depende, en definitiva, de sobre qué valores, formas de vida e principios queremos construír a nosa sociedade.

A mentalidade burguesa, o afán de consumo por riba das nosas posibilidades, a idolatría e escravitude do diñeiro, a indiferenza diante da falta de ética no eido da economía, son algúns dos grandes desvalores que nos foron afectando. Non temos algo que ver coa lacra da economía somerxida (case unha cuarta parte do produto interior bruto), coa falta de produtividade e competitividade, coa vida asociativa (ou a falta dela) e a capacidade de condicionar ós partidos, ós sindicatos, ós empresarios, como fomos capaces de facer noutros tempos?

Os movementos do 15 M piden reformas fondas, o que é bo e necesario. Será capaz a xuventude, relevo xeneracional próximo, de argallar e promover os grandes retos que demanda a sociedade para vivir de forma sana e xusta?

A crise económica, vivida como unha oportunidade de rexeneración.

Para iso faise urxente unha rexeneración ampla e fonda da actual sociedade, das institucións e das persoas. Priorizar as necesidades sociáis, priorizar as políticas para a erradicación da pobreza, fortalecer o tecido produtivo en tódolos sectores, reverter as reformas laborais que debilitan os dereitos lexítimos dos traballadores, desenmascarar o intento privatizador e de negocio dos servizos sociáis conseguidos con tanto esforzo, son valores e logros irrenunciables. E para todo isto faise necesaria unha cidadanía responsable. Necesítase unha rexeneración auténtica. Temos dereito a unha vida digna, a un traballo decente, a unha governanza transparente e rexida por un sentido ético contrastado. A corrupción, o tráfico de influencias, as ganancias fáciles a costa do sacrificio dos demais, non poden ter cabida por máis tempo no seo dunha sociedade que aspira con todo dereito a vivir xusta e pacificamente.

As condutas antisociais han de ser denunciadas e controladas pola lei. Os medios de comunicación e as empresas que os controlan, o poder xudicial, … han de dar exemplo de imparcialidade e de auténtico servizo ó ben común ou do contrario terán que ser denunciados de ideoloxismos e sectarismos interesados e inxustos.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.