Martes 20-decembro actividades no MARCO ao redor do VIH/SIDA

Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o martes 20 de decembro terá lugar nas instalacións do MARCO de 18 a 20 horas o obradoiro «Introducción ao counselling no VIH/SIDA» impartido por Marimar Revuelta (axente de saúde en VIH/SIDA do Grupo de autoaxuda Imán Cedro) e Antón Bouzas (Educador Social. Coordinador do Grupo Imán Cedro e terapeuta na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo).

O obradoiro está estructurado en dous bloques:

Un primeiro bloque a xeito de introducción no que se tratarán os seguintes aspectos: – Habilidades de prevención no VIH/SIDA.

– Coñecementos básicos e aptitudes.

– Diagnóstico precoz.

Un segundo bloque no que se desenvolverán de xeito práctico os contidos a traballar: – Afrontamento emocional a través do counselling (Fábula do campesiño e o ecoloxista), a resiliencia e o empoderamento.

– Xogo cooperativo sobre as perdas.

•    Destinatarios: os obradoiros están dirixidos a calquera persoa interesada, a partir dos 18 anos de idade.

•    GRATUÍTOS, previa inscrición

•    Máximo participantes: 20 persoas por obradoiro (coa posibilidade de organizar máis grupos noutras datas, en función da demanda de inscricións)

•    Información e inscricións: MARCO, Dpto. Comunicación – Tel. 986 113900 / 113903 – pilar.souto@marcovigo.com