Vídeo: «Non á prostitución»

Hai uns días o xornalista Iñaki Gabilondo no seu videoblog diario publicaba un vídeo de opinión sobre a prostitución, o título o di todo: «Non á prostitución».

O motivo desta reflexión tiña que ver cunha medida tomada polo goberno francés en contra deste fenómeno, que para moitas persoas e colectivos trátase dunha forma de escravitude.

Recomendamos que escoitedes as opinións de Gabilondo sobre este concepto, tras o cal están moitas situacións de sufrimento, explotación, maltrato, etc.