Magosto na Bouza 2011

Logo de tres anos de choivas, o Magosto 2011 volveu de novo a celebrarse, no seu lugar talismán: A Bouza.

O aroma das primeiras castañas asadas comezábase xa a sentir ao mediodía, estendéndose fóra dos límites do parque para penetrarse no noso barrio e lembrar á veciñanza que a partires das 17h00 comezaría a degustación. Todos os alí presentes puidemos compartir un momento de encontro inesquecible, un Magosto na súa pura esencia, con castañas e viño novo de primeira.

Dende Movemento Cidadán, Dorna e Rueiro, queremos dar as grazas a todo o mundo. Dende os asistentes ata todo o mundo que desinteresadamente estiveron detrás empurrando para que todo isto saíse ben, loxística, picada de castañas, asadores, megafonía, venda de aveños, grupo de Baile de Pexeguerio…

Ao longo do todo o día non se deixou de mirar ao Ceo. Por momentos ameazaba choiva. Pero dende alí arriba sabiamos que unha persoa estaba suxeitando as nubes, para que nos deixase rematar esta Festa que el tanto gozaba e na que nunca nos faiará. Grazas Quique.

Ata o Magosto 2012!