Honramos aos nosos defuntiños xunto ao grupo IMÁN

Onte os xardíns do pazo de Castrelos acolleron un acto íntimo e cargado de emocións en lembranza daquelas persoas mortas vítimas da pobreza e das adicións.

A xente do grupo IMÁN fixo honra dos seus defuntiños, que xa son demasiados, nun acto que se moveu entre a tristura e a vitalidade, necesaria para evitar que compañeiros e compañeiras teñan que morrer por mor da pobreza nunha sociedade que se di moderna e avanzada.

O acto rematou facendo unha cadea humana ao redor da fonte de entrada do pazo, en lembranza de todas as persoas que morreron neste ano.

Como novidade incorporamos neste artigo as emocións e impresións que lle provocou o evento a Xosé Lois e que publicou no facebook:

“Veño dun acto emotivo: Ademais, a ledicia de ver aos meus amigos do Cristo da Victoria xa é, un plus engadido. Naquel acto entrañable lembrei a persoas estrañas que non coñecera, pero as testemuñas vivas dos compañeiros que alí estaban; e a Lembranza que deles fixo Antón. Estableceron na miña alma a diferencia dun acto de recordo intelectual, entre a morte duns persoeiros sociales, e a morte dunhas persoas víctimas, moitas veces da sociedade inxusta que vivimos. Por iso me lembrei de todos aqueles que loitaron por eles: Como Marina, Enrique, e de tantos membros da comunidade, que non sei o seu nome, pero que algún dia me apretaron a mán, me adicaron un sorriso. Como bálsamo das miñas propias magoas, a todos eles unha oración e un recordo.”

Un comentario

  1. Veño dun acto emotivo: Ademais, a ledicia de ver aos meus amigos do Cristo da Victoria xa é, un plus engadido. Naquel acto entrañable lembrei a persoas estrañas que non coñecera, pero as testemuñas vivas dos compañeiros que alí estaban; e a Lembranza que deles fixo Antón. Estableceron na miña alma a diferencia dun acto de recordo intelectual, entre a morte duns persoeiros sociales, e a morte dunhas persoas víctimas, moitas veces da sociedade inxusta que vivimos. Por iso me lembrei de todos aqueles que loitaron por eles: Como Marina, Enrique, e de tantos membros da comunidade, que non sei o seu nome, pero que algún dia me premeron a mán, me adicaron un sorriso. Como bálsamo das miñas propias magoas, a todos eles unha oración e un recordo.

Los comentarios están cerrados.