Magosto 2011 – 12 de novembro

Estamos en tempo de castañas e con elas ven tamén a festa do magosto. Este ano a festa popular vaise celebrar o sábado 12 de novembro no parque de A Bouza, na zona situada entre o estanque e o parque infantil.

As actividades comezarán ás 17h00 e a partires das 18h00 o grupo «O Mosteiro» Pexegueiro de Tui amenizará con música e baile da terra.

Coma sempre ademais de saborear as castañas e o viño novo aproveitaremos para reivindicar que se constrúa o centro cultural para o barrio.

Alí nos vemos!