IMÁN convida a lembrar aos seus defuntiños

Como é habitual o grupo Imán vai celebrar o mércores 2 de novembro un acto en lembranza dos seus defuntiños. Será ás 18h00 nos xardíns do pazo Quiñones de León de Castrelos.

No acto lembraremos aos compañeiros e compañeiras finados a causa da SIDA, as adicións e a pobreza extrema. Neste íntimo encontro honraremos a súa memoria con música, flores, velas e reflexións en voz alta diante da pedra funeraria que di en latín antigo:

«Fai agora o que quixeses ter feito cando morras»

Atoparemos alivio ao compartir a nosa dor e así poderemos coidar a saúde e protexer a vida.

2 comentarios

  1. Hello I approximating your wewebsite. Perform you need to visitor publish in my identifiable on some point? If hence you should know me via email otherwise possibly reply to this kindly of observe since We enrolled in notices and definately will realize if you do.

Los comentarios están cerrados.