O vindeiro sábado 15 de outubro hai convocada unha xornada de mobilización mundial baixo o lema Unid@s por un troco global.
En Vigo a manifestación sairá ás 18h00 da Praza de España e pasará por Gran Vía-Urzáiz-Colón-Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol.
Tedes máis información sobre esta xornada na web: www-15oct.es.
Dentro dos diversos materiais para animar a mobilizarse achegamos un vídeo con algunhas das reivindicacións.