No día da Mercé lembramosnos dos internos nas cadeas

Tras a charla do venres na que Esther achegounos á crúa realidade na que se atopan as persoas internas na cadea de A Lama, o sábado pola tarde acompañamos ao grupo IMÁN nun acto público celebrado na praza da Constitución.

No acto varios membros do grupo portaron unha pancarta tras unhas madeiras que facían de rexas, logo escoitamos dúas cancións en homenaxe a todas aquelas persoas que viven privadas de liberdade. Puidemos ver tamén unha pequena representación do que pode ser a cotidianidade tras os muros dunha cadea, cunha anécdota xa que no amago de pelexa interviu unha persoa que pasaba pola praza para evitar o conflito.

O acto rematou coa lectura do manifesto e coa posta en liberdade dunha pomba. Aproveitamos tamén para propor celebrar o 31 de xaneiro o día das cadeas en homenaxe a Concepción Arenal que loitou pola mellora das condicións de vida das persoas presas.

2 comentarios

  1. Great goods from you, man. I’ve understand your stuff previous to and you are just too magnificent. I really like what you’ve acquired here, certainly like what you are saying and the way in which you say it. You make it enjoyable and you still care for to keep it smart. I can not wait to read far more from you. This is really a tremendous website.

Los comentarios están cerrados.