Temos un problema, cadeas masificadas

O pasado venres o grupo IMÁN organizou unha charla sobre a situación de masificación na que se atopan as cadeas do Estado Español.

Esther presentou a realidade máis próxima: a cadea de A Lama, na que os números espantan. Preto de 1900 internos repartidos en 14 módulos nun centro pensado para 1000 persoas, só 50 funcionarios que na noite quedan en 15… Estes datos deixan de manifesto que o principio de reinserción social resulta moi difícil de conseguir con estes números.