O Grupo de autoaxuda Imán-Cedro, co apoio da Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia, desexa informar de que mañá sábado 10 ás 12h00 fará entrega no rexistro do Concello de Vigo dun escrito dirixido ao Alcalde D. Abel Caballero solicitando o cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno do pasado 6 de maio e do convenio asinado ese mesmo día con Emaús Fundación Social para a posta en marcha do Centro de Acollemento Polivalente para persoas sen fogar no edificio da rúa Cánovas del Castillo, nº 2.
Como mostra do noso desexo de actuación, e sobre todo, do convencimento de que finalmente o Alcalde cumprirá coa súa palabra e co convenio asinado, xunto co mencionado escrito faremos entrega do bolígrafo que o Alcalde agasallou ao Grupo Imán en proba do compromiso adquirido no momento da sinatura do Convenio, coa petición de que dito bolígrafo sexa devolto a este grupo no momento en que comecen as obras do Centro de Acolemento, como símbolo do cumprimento do acordado.