A nosa Comunidade do Cristo da Vitoria non só fíxose presente no «Encontro con Gustavo» senón tamén nun recuncho apartado do planeta onde viven xentes que non contan para os poderosos deste mundo e para os medios de comunicación. Ese lugar chámase Acre (Brasil) e está na fronteira con Bolivia e Perú. Alí as Dominicas teñen unha comunidade na que vive Belén, dominica que viviu no noso barrio e ao cal segue vindo cada dous anos. E tamén viven Celia e Bernadette. Esta última pasou uns días pola nosa parroquia nos meses pasados.
A zona onde as dominicas atópanse áchase a 80 Km. da capital de Acre que se chama Rio Branco. Foi unha zona de explotación do caucho (seringales) á que se trouxo persoal de fóra (seringueiros) xa que os indixenas foron exterminados por negarse a ser escravos dos depredadores humanos e por defender o seu precioso hábitat na selva.Cando a explotación do caucho deixou de ser negocio fai uns cen anos estas xentes foron abandonadas á súa sorte no medio da selva sen lendas, sen cultura, sen ritos nin relixións. Ese é o mundo onde están as dominicas vivindo e axudando a construir comunidades humanas e cristiás. Ese é o mundo onde viven e traballan Belén, Celia e Bernadete. Ese é o mundo onde Nuria pasou un mes de agosto solidario e do cal poderanos contar moitas cousas ao longo do ano.