Este sábado todo o mundo á Romaxe!

Lembramos que este sábado é a romaxe que celebra a súa edición XXXIV baixo o nome de «Que ten o mar de Arousa meu ben» no Monte Xiabre en Fontefría – Vilagarcía de Arousa.

Como dende hai moitos anos este acontecemento está marcado no calendario en vermello como gran festa que é, por iso un numeroso grupo achegarase para celebrar a fe compartida con outras xentes da nosa terra. O sábado partirá un autobús dende a parroquia, aínda quedan algunhas prazas que podedes reservar achegandoos polo despacho parroquial estes días.

3 comentarios

  1. xa me diredes como se poden conseguir os medallóns para os que non puidemos ir.
    É unha lástima que os fachas conseguiran suspender a consagrqación na misa. polo menos en Lugo o ano pasado. Non sei se este ano volveron a conseguilo…
    Podiades subir fotos para os que non puidemos ir

    1. Os medallons poden conseguirse na Asociación Irimia, a sua paxina web: http://asociacion-irimia.org/.
      A celebración deste ano foi polo estilo da do ano anterior; pero moi boa pese o mal tempo. A próxima volve a ser en Lugo, nun lugar chamado Castroverde, o segundo sábado de setembro. As fotos estarán proximamente na web

Los comentarios están cerrados.