Podemos ler en Agareso unha nova que pon de manifesto que as causas da crise seguen a facer medrar o número de persoas que sofren as súas consecuencias. Segundo organizacións que traballan en Galiza co colectivo de persoas sen fogar o número de mulleres que pasan a malvivir nas rúas está a aumentar nestes anos.
No artigo sinalan que o perfil maioritario das persoas consideradas ‘sen teito’ estaba ata o de agora conformado por homes de entre 45-50 anos, con problemas de drogadicción, alcoholismo ou paro, que ademais estaba só, e con falta de redes de apoio familiar e social. En 2010, uníronse novos colectivos a este grupo de persoas en risco de exclusión social: cada vez hai máis mulleres, mozos, persoas maiores e migrantes.