XXXIV Romaxe de Crentes Galegos

Xa próximos á celebración do XXXIV Romaxe de Crentes Galegos (o sábado 10 de setembro) no Monte Xiabre en Fontefría – Vilagarcía de Arousa queremos compartir con vos a “Invitación á Romaxe 2011” que nos ten chegado da Asociación Irimia.

Xiabre é un dos montes máis importantes que cinguen a comarca de Arousa. O seu punto mais alto atopase a 641 metros de altitude a pesar de que se atopa a carón do mar. Dende el, nunha ollada máxica, podemos divisar as Comarcas do Salnés e do Barbanza, case por completo, e a Ría que alenta a fermosura do lugar, a Ría de Arousa. Dise incluso que en días nos que a visibilidade é boa, dende o mais alto do monte, coñecido como o alto de Meda, podemos distinguir a Catedral de Santiago coas súas torres.

Un monte máxico

Xiabre aluga na súa recenté historia claros e escuros. E un monte que adoita amencer nevado nalgún dia en cada inverno, colocando unha estampa idílica detrás de Vilagarcía, a capital do Salnés. Pero tamen, coma moitos, non logrou ceibarse da vaga de lunes de hai anos, sendo arrasado por completo. Con todo, a forza da natureza e algúns traballos de rexeneración, foron devolvéndoo á fermosura de antaño. Ademáis, este elevado lugar, foi punto da implantación dun parque eólica nos últimos anos.

Este monte emblemático do lugar, testemuña directa do progreso e avance dos concellos que o rodean, Catoira, Caldas de Reis e Vilagarcía, acollerá este ano unha nova Romaxe. Antes o despois tiña que ser, velaí as Romaxes con centos de Arousans partícipes desta celebración. De todos os posibles lugares, Xiabre e, en concreto, o lugar de Fontefría, tres quilómetros mais abaixo que o Alto de Meda, foi elexido para abrir un novo gromo ha historia da Romaxe de Crentes Galegos.

Un traballo dos vecinos e veciñas do lugar

Na última Romaxe celebrada en Monterroso, vecinos das parroquias vilagarciáns de Sobrtadelo e Trabanca, recolleron o compromiso desta nova andaina. E dende o momento, comenzaron as reunions, encontros cas autoridades, reparto de traballos, así como toda a estratexia para facilitar os accesos e saídas de Fontefría… Trabállase con ilusión e con gañas dende a organización e agárdase que moita xente se anime a participar.

Agardamosvos!

A nosa Comunidade do Cristo da Victoria como todos os anos pon a disposición dos romeiros de Vigo un autobús con saida da parroquia ás 10 da mañan. Para reservar plaza podedes pasar polo Despacho Parroquial de 8,30 a 10 da tarde. O precio do bus é de 10 Euros por persona.