16 xullo – Mercadiño de Vigotroca

A xente de Vigotroca convídanos a participar no mercadiño que se vai celebrar o sábado 16 de xullo.

Desta volta recuperamos o mercadiño de rúa e farémolo no entorno da farola da rúa Príncipe e Colón, onde está o punto de información da xente do 15M Vigo e acampadavigo. O mercadiño terá lugar este sábado 16 de xullo entre as 11 e as 18h e incluirá un xantar colectivo e unha palestra-tertulia sobre o troco.

O mercadiño de troco componse de todas as cousas que as persoas que participen traian para trocar e das necesidades ou gustos que todas esas persoas poidan ver cumpridas mediante o troco. Tamén existe a posibilidade da cesión, pero recorda, o mercadiño non é un almacén. Antes de marchares deberás recoller todo o que non conseguiches trocar ou ceder. Isto e a ausencia total dos cartos nos intercambios son os únicos requisitos. O resto é libre.

Toda a información en vigotroca.arkipelagos.net