Achegamos un vídeo que leva por título: “Sempre foron cinco” (15 minutos) e que serve de presentación do traballo da Asociación O Peto.
Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.
Estes non entenden de mercados.Só entenden de soños, que nos humanizan a todos