Festa das Letras Galegas 2011

O pasado luns, día 15 de maio, celebrouse no Salón de Actos do Complexo Parroquial “Cristo da Vitoria” a tradicional “Noite das Letras Galegas” do 2011.

Todo empezaba na nada, na máis absoluta escuridade, momentos de silencio, de reflexión. Un raio de luz tenue iluminaba ao noso homenaxeado, Lois Pereiro. De súpeto a ritmo de tambores e gaitas esta escuridade íase disipando dando paso aos poucos á claridade.

Despois desta introdución estelar nosas presentadoras de luxo explícannos que esta edición se vai desenvolver en catro apartados.

Cada bloque estaba encabezado por unha “montaxe” titulada Que é Galicia? de Lois Pereiro. Un repaso do abecedario documentado na nosa terra.

Os nenos, cos seus contos, as súas poesías e as súas cancións foron os primeiros en arrincar os primeiros sorrisos, en cautivarnos a todos os que estabamos alí e en elevar a temperatura do salón coa infinidade de aplausos. Que potencial hai neles!

Pasaba a quenda dos maiores que coa paixón das lecturas de grandes clásicos da nosa terra, dos seus contos, dos seus recitais de poesías, volvéronnos a causar admiración, trasladaronnos a tempos remotos e sobre todo a gozar todos xuntos.

E en resumo esta foi a dinámica para o resto de apartados, música polo grupo de Gaitas “Rueiro”, presentación onde se repasa a biografía do noso homenaxeado, montaxe audiovisual baseado no abecedario Que é Galicia? e o paso aos lectores.

Para rematar a velada, a iso da medianoite, coa atmósfera xa preparada, non se podía abandonar o salón sen cantar todos xuntos o Himno Galego.

O broche final, tamén moi da nosa terra, foi compartir un café con roscón que a esas horas era de agradecer.

Despois destes agradables momentos estamos xa preparados para a próxima Noite das Letras Galegas do 2012.

Até pronto