Campamentos de verán Vilán 2011

Estamos xa na parte final do curso e cada vez máis preto a chegada das vacacións de verán e con elas os campamentos de Vilán. Este ano os campamentos terán as seguintes datas: os nenos e nenas de 3º, 4º e 5 de primaria irán do 1 ao 8de xullo e na segunda quenda irán 6º de primaria, 1º, 2º e 3º da ESO do 8 ao 17 de xullo.

O prazo de inscrición remata o 17 de xuño, o prezo do campamento do 1 ao 8 é de 65 € e o do 8 ao 17 de 70 €

O venres 3 de xuño, ás 8.30 da tarde faremos unha reunión de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar aos teus fillos. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.

– Ninguén que queira participar debe deixar de facelo por causas económicas. Esta comunidade atende calquera situación persoal. Soamente hai que dicilo.

– A saída dos autobuses é para todos ás 4.30 da tarde, e o regreso ao redor das 7.00 da tarde.

Podedes descargar o folleto do campamento neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/wp-content/plugins/download-monitor/download.php?id=51