Os dereitos das persoas sen fogar non son un xoguete electoral

Achegamos o comunicado de prensa da Rede Social Galicia Sur ante o xogo electoral que están a facer os partidos políticos co asunto do albergue para persoas sen fogar.

«QUE?

Denunciamos o incumprimento dos acordos adoptados na reunión mantida con Alcaldía o 9 de marzo en relación á posta en marcha do proxecto de albergue temporal na antiga Escola de Hostelería como paso previo á apertura dun Centro de Inclusión Social para a cidade de Vigo:

– Alcaldía comprometeuse a convocarnos no prazo de 2 a 3 semanas; xa pasou un mes e non temos noticias por parte do Concello do estado das negociacións do proxecto, nin xustificación ou explicación a este retraso.

– Acordouse crear unha Comisión de seguimento do proxecto, para que o personal técnico das entidades da RSGS puderan estudiar o futuro albergue e aportar os seus coñecementos e suxerencias. A día de hoxe non fumos convocados, non tendo por tanto, coñecemento oficial de cál é o proxecto social.

POR QUE?

Despois de catro anos de lexislatura, sen chegar a acordos sobre a ubicación e definición do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL e,

– de parches provisionais como pode ser o albergue: con un edificio de propiedade municipal que actualmente non conta con as características adecuadas para un recurso de este tipo

– e posto que dende a reunión mantida con Alcaldía non se informou de ningún avance ou cambio ó respecto,

desconfiamos do cumprimento desta promesa política do alcalde Abel Caballero e dudamos de que chegue a ser unha realidade. Preocúpanos que estando a un mes das eleccións se use o proxecto de Albergue como reclamo electoral para despois terminar nun caixón, como xa pasou en ocasións anteriores: Casa do Mar, Gota de Leite, Barrio de San Roque…

RECORDAMOS:

O albergue cubre necesidades básicas como a pernocta por un tempo limitado e a alimentación e hixiene básicas. Pero nos procesos de exclusión social, donde múltiples factores e problemáticas xogan un papel determinante na situación de unha persona, hai moitas outras carencias e dimensións ás que dar resposta.

É por iso que dende a RSGS seguimos reivindicando un CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL que reúna nas mesmas instalacións os servicios básicos dun albergue, pero complementándolo con aloxamentos de media e larga estancia, cun recurso de atención social continuada as 24h do día e cun equipo profesional de intervención sociosanitaria que traballe nun proxecto individualizado de inserción e axuste personal.

RECLAMAMOS:

Que se cumpran os acordos adoptados na reunión mantida con Alcaldía o 9 de marzo e que se faga efectiva a promesa da apertura dun albergue na cidade de Vigo como medida provisional previa á apertura do definitivo Centro de Inclusión Social. Porque apoiamos a creación dun servicio público de carácter social que complemente a oferta xa existente na cidade, pero non esquecemos que segue sendo urxente un Centro de Inclusión Social onde se ofrezan de maneira profesional e individual, as ferramentas e servizos necesarios para unha verdadeira inclusión social das persoas sen fogar en Vigo.

Por tanto, seguimos loitando pola sua apertura e seguiremos movilizándonos ata que contemos con este recurso tan necesario na cidade.»

A RSGS (Rede Social Galicia Sur) é unha plataforma que aglutina a organizacións de Vigo e bisbarra que traballan tanto nos países do Sur como en Galicia, pola xustiza social e por acadar un mundo máis xusto, equitativo e sostible para toda a cidadanía.

As organizacións que forman parte da Rede Social Galicia-Sur e que apoian esta iniciativa, son: ACLAD Alborada, Asociación Érguete Vigo, Asoc. Xuvenil Abertal, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Educación Sen Fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo Imán – CEDRO, Médicos do Mundo, Parroquia Stimo. Cristo da Victoria, Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional.