O grupo IMÁN convida a celebrar con eles o Día Mundial da Saúde este mércores 7 de abril.
Fárase unha concentración ese días ás 6 horas do serán na praza da Constitución e o acto estará dedicado ás persoas sen fogar que como sabemos na nosa cidade seguen agardando polo albergue público. Este é o texto do cartel: «Coincidindo co Día Mundial da Saúde a OMS convídanos a reflexionar sobre a resistencia dos antimicrobianos, antirretrovirais… e a súa propagación mundial. Por iso senón actuamos hoxe, non haberá cura mañá.
E nós pedimos mínimas condicións de vida que garanten aos doentes cubrir as súas necesidades básicas e ser facilitadoras da adherencia aos tratamentos farmacolóxicos. «