A celebración do pasado domingo estivo centrada en Latinoamérica. Poidemos escoitar as palabras de Samuel Ruiz e traer outra vez máis á memoria a figura de Óscar Romero, ambos exemplos de loita a prol dos empobrecidos de latinoamerica.
Eses pobos coñecen ben a opresión, primeiro sufrindo a colonización española e nas últimas décadas os plans de EE.UU. que tantos mártires deixaron.
Neste video que vos achegamos Noam Chomsky fai unha breve descrición dos plans de EE.UU. en América Latina e a tolemia que esperta a desobediencia de Chávez en Venezuela.