Outra Igrexa fóra da ortodoxia

Estes días os medios de comunicación enchen bastantes páxinas dos seus diarios coa polémica que suscitou a publicación dun libro sobre a vida do Pare Manuel. Este cura desenvolve dende hai anos unha importante labor social nun barrio obreiro de Barcelona. A súa tarefa é coñecida e recoñecida por aquelas terras, pero tras a confesión de que pagara un aborto a unha rapaza os problemas medraron posto que o poder eclesial iniciou un procedemento sancionador.

O xornal Público quita hoxe no xornal unha reportaxe que co título: «Sacerdotes disidentes frente a la nueva Inquisición»analiza a situación desa igrexa alternativa e o seus problemas coa doutrina de Roma. O artigo o podedes ler neste enlace: www.publico.es/espana/366708/sacerdotes-disidentes-frente-a-la-nueva-inquisicion

Un comentario

  1. A miña solidariedade, co clérigo que antepuxo salvar posiblemente unha vida a manter unha idéa dogmática da mesma vida.

Los comentarios están cerrados.